top of page

A autora

​

Laura S. Vigo (Santiago de Compostela, 1994) é graduada en Xornalismo pola USC e cursou o Máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política. Na actualidade traballa como redactora na Televisión de Galicia.  Compaxina a súa profesión con outra das súas grandes paixóns, a música.

​

A pesar de que naceu en Compostela, viviu a maior parte da súa vida en Rois (A Coruña). Grazas a unha bolsa, puido cursar un ano académico nos Estados Unidos, onde conviviu cunha familia americana.

​

'Dende o confinamento' é un proxecto persoal que nace durante a corentena, coa intención de entreter e axudar. Trátase dunha historia interactiva, protagonizada por Néstor e Sabela, que se vai adaptando ás circunstancias da vida real. Promove o uso do galego e está vinculada ás redes sociais. 

bottom of page