top of page
Buscar
Foto del escritorLaura S. Vigo

Capítulo 9





Aínda me custaba saír á rúa. Por falta de plans non era, sempre había alguén disposto a quedar. Pero dalgún xeito a miña casa convertérase nun refuxio durante o confinamento. Ademais xa estaba habituada ás videochamadas e ás “quedadas virtuais” para tomar algo. Malia que a última non foi demasiado ben, Aroa e Sabela xa se encargaban de recordarmo cada día, para min era suficiente.


Non era porque tivera medo do virus, nin moito menos. Facíaseme raro e punto.

Lembraba as primeiras semanas, cando ir ao supermercado ou a facer recados era a única vía de escape. Pois eu prefería non ir. Co cómodo que era mercar en liña…


Levaba dándolle voltas ao tema dende que escribiran polo grupo. Sabela quería facer unha cea para reunirnos a todos: Néstor, Aroa, ela e eu. Pero como non nos puñamos de acordo acabou facendo unha chamada polo grupo.


Sabemos xa a data para o reencontro? berrou Sabela.


I´m in.


Home, se non estabas in xa me preocuparía —increpoulle Néstor.


Pero credes que é seguro? dixen eu.


Xiana, querida, chámase volta á normalidade por algo respondeume Sabela.


Nova normalidade, quererás dicir Aroa sempre tiña o ás para matar o tres.


Vaia, xa me entendestes- replicoulle.


Si, xa estamos afeitos contraatacou Aroa.


Tes sorte de que non te teña preto.


Estasme ameazando.


Tranquilas, que non chegue o sangue ao río- dixo Néstor, para calmar os ánimos.


Ti xa sabes que nós comunicámonos así. De feito, é o noso xeito de dicirnos que nos queremos respondeu de novo Aroa.


Pois calquera día…


Que?


Nada, nada. Centrémonos.


En serio, eu non o vexo- repetín.


Desta vez foi Sabela a que se dirixiu a min:


Non sexas mexericas, Xiana. Non pasa nada, imos manter a distancia de seguridade. Pero temos que vernos.


Iso está claro- apuntou Néstor.


A ver, eu propoño o xoves dixo Sabela.


Pero que clase de día é o xoves para facer unha cea? díxolle Aroa.


Pois un día estupendo para ir cear e tomar algo despois respondeu Néstor con ganas de guerra.


Ti sabes que hai xente que traballa, non?


E que problema hai?


Ningún, só que eu non teño a sorte de levantarme ás dúas da tarde.


Nin que eu tivera a culpa.


Só digo que se a facemos o venres podemos ir todos. Os demais, que opinades?


A min vaime ben calquera día. Esta semana teño a axenda bastante despexada- ironicei.


Hahahahaha muller, con quen vas quedar ti?- dixo Aroa, que seguía en pé de guerra.


Sorprenderíaste.


Vaia personaxe.


Sabela decidiu poñerlle fin á discusión:


En fin, aquí cadaquén, peor. A ver, votos para o xoves? Eu escollo ese día.


Eu o venres- dixo Néstor.


Eu paso. Mellor o venres- respondeu Aroa.


Preferiría o venres dixen eu.


Moi ben, queda adxudicada a data do reencontro- berrou de novo Sabela.


Perfecto, agora teño que colgar que vou facer unhas cousas- dixo Aroa.


Eu tamén me vou retirando- despediuse Néstor.


Chaíño dixen.


Veña rapaces, vémonos o venres Sabela sempre tiña a última palabra.


Cando colguei non as tiña todas comigo. Pero o certo era que tiña moitas ganas de velos, así que ía ter que superar aquilo. Tería o síndrome da cabana? A medida que avanzabamos na desescalada e se propoñían algunhas medidas de alivio, moita xente experimentara medo a saír á rúa. Medo a contactar con outras persoas e a levar a cabo actividades que formaban parte da vida cotiá, como ir traballar ou coller o bus.


No meu caso, non cría que fose nada serio e bastaría con facer unha pequena proba. Así que puxen a máscara, collín o bolso e saín pola porta. Conforme me afastaba do edificio, notaba como me subía unha cousa dende o estómago. Obrigueime a entrar nun bar e pedir un café.


Unha vez sentada repasei unha por unha as mesas, separadas conforme mandaban as medidas promulgadas polas autoridades sanitarias. Tamén albisquei un dispensador de xel hidroalcólico na entrada do baño. Os camareiros empregaban máscara e desinfectaban as mesas cada vez que alguén se levantaba. Despois dun anaco, funme relaxando. Saquei o móbil e comecei a ler o ebook que mercara por Amazon.


Despois de media hora levanteime e fun pagar. De volta á casa estaba moito máis animada. Incluso tiña ganas de facer aquela cea de reencontro. Pero o certo é que tiña medo de que se montara unha boa. Na última conversa que tivera con Aroa dixérame que había algo que a preocupaba moito. Cando lle preguntei, non me quixo contar que era, só me dixo que a súa amizade con Sabela estaba en perigo e que se sentía moi mala persoa por ter feito iso. Non lle dei máis importancia, Néstor non era o único intenso do grupo.


43 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page